Sinopsis
María Xosé é unha rapaza de catorce anos que vive na Coruña e estudia nun instituto da cidade. Pesa uns cantos quilos de máis e é moi intelixente. Na súa mesma clase está Viri, outra rapaza da mesma idade, moi afeccionada ás novelas de pandas. Viri monta unha panda, xunto con varios nenos e outras dúas rapazas da clase. María Xosé decide gastarlles unha broma que acabe, dunha vez por todas, coas ganas de aventura que teñen. Failles chegar unha mensaxe anónima que os invita a entrar nun asunto misterioso. Para lle dar máis veracidade ó asunto, únese ós da panda cando estes comezan a investiga-la pista, que empeza nunha casa abandonada. A partir de aquí iníciase unha complexa aventura cun asunto de espionaxe de sistemas informátícos como pano de fondo, onde se suceden tiroteos, carreiras e sustos a esgalla. Toda a historia culmina nas ruínas do Pasatempo, o fermoso monumento de Betanzos, coa oportuna intervención da policía, xusto cando os da panda estaban máis apurados, poñendo así fin a un asunto que, a partir dunha broma de rapaces, rematara por se converter en algo de vital importancia para a orde estratéxíca mundial.
Acerca del autor
Miguel Vázque Freire (Corcubión, 1951) e colaborador como crítico de literatura infantil en numerosas publicacións. Foi director da revista infantil "Golfiño" e codirector da colección Merlín de Xerais, ademais de co-autor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais (1990-2008) como membro do grupo de Didáctica da Filosofía Enxergo e promotor de «Pé de Imaxe» e de Nova Escola Galega. Como especialista en didáctica da filosofía publicou: "Nietzsche" (Xerais, 1990); "Iniciación á Estética" (Xerais, 1993); "Política e Sociedade" (Xerais, 1993); "Mandar, obedecer, rebelarse" (Xerais, 1996), "O moucho voa" (Xerais, 2022) ademais de realizar a tradución para o galego da obra de R. Descartes "O discurso do método" (Xerais, 2000). Para o público infantil publicou: "As aventuras do Gato Bógar" (Xerais, 1989); «O rapaz que non quería ser heroe nin sabía dicir amor», conto incluído no volume "Contos da campaña 3" (1992); "A cor do elefante" (1994); a peza teatral, en colaboración con Gloria Sánchez, "A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos" (Xerais, 1995), "A primeira máquina de fotos" (1998), "O neno que tiña medo dos robots. O robot que tiña medo dos nenos" (1998), "María é maior" (2007), "Contos de Reis e de Nadal" (Xerais, 2007), "O souto escuro e perigoso" (Xerais, 2011), "Fadita fosca!" (2013). Como narrador publicou: "Proxecto pomba dourada" (1987, Xerais, 2000), novela; "A malvada María Xosé" (Xerais, 1989), novela; "Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos" (Xerais, 1993), relatos; "Anxos en tempos de chuvia" (Xerais, 1997), novela, incluída na Lista de Honra do IBBY 1999 e "Demos de verán" (Xerais, 2017), novela. A súa obra está traducida a todas as linguas peninsulares.
"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.