Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés.
A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros.
Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.
"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.
Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados. Na colección Narrativa de Xerais publicou os relatos de «Un animal chamado néboa» (2015), Premio Losada Diéguez, e as novelas «Infamia» (2019), «Golpes de luz» (2021) e «Pel de cordeiro» (2024). Tamén é autora de diversas novelas de fronteira, como «O corazón de Xúpiter» (Xerais 2012), Premio Neira Vilas; «Recinto Gris» (Xerais 2014); «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta» (Xerais 2016), Premio Lazarillo, Premio Gala do Libro Galego e The White Ravens; ou «A balada dos unicornios» (Xerais 2018), Premio Lazarillo, Premio Kelvin 505 á mellor novela xuvenil orixinal de 2019. En 2014 recibiu o Premio Merlín e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por «Escarlatina, a cociñeira defunta» (Xerais 2014). É autora doutros títulos emblemáticos como «Esmeraldina, a pequena defunta» (Xerais 2016); «A señorita Bubble» (Xerais 2018), Premio Gala do Libro Galego; «Conexión Macarrón» (Xerais 2019); «Vampira de biblioteca» (Xerais 2020); «A señorita Bubble baixo cero» (Xerais 2020), «A señorita Bubble. Deus salve as raíñas» (Xerais 2023), así como os títulos da serie Os Minimortos: «Benvidos ao Outro Barrio» (Xerais 2020), «Criando malvas» (Xerais 2021), «Escola de salvaxes» (Xerais 2021), «O Día dos Vivos» (Xerais 2021) e «Ai, que risa!» (Xerais 2022). En 2021 foi recoñecida co Premio da Cultura Galega e gañou o Premio Merlín de Literatura coa novela «O neno de lume» (Xerais 2022). En 2022 gañou o XX Premio de Poesía Afundación con «Ultraluz» (Xerais 2023). «A lebre mecánica» (Xerais 2022) fíxoa merecedora por terceira vez do Premio Lazarillo 2021. En 2023 publica o seu primeiro álbum ilustrado, xunto con David Sierra Listón, «Sete dentes de león» (Xerais, 2023). No ano 2024 inicia unha nova serie infantil para primeiros lectores con tres títulos ata o momento «Curriño. O can influencer», «Curriño. Benvido ao equipo» e «Curriño. Fama ou fuga».
Víctor Rivas (Pontevedra, 1965). Dedícase profesionalmente á ilustración, debuxo de cómic e comunicación visual dende 1989. Hai anos que debuxa tamén para todo o mundo a través dunha axencia en Nova York. Atópase cómodo en contornos dixitais e en calquera estilo de debuxo, aínda que os mundos fantásticos e as estéticas vitorianas son a súa preferencia. Para Xerais ilustrou o proxecto literario de Ledicia Costas «Escarlatina»: «Escarlatina, a cociñeira defunta» (2014), «Esmeraldina, a pequena defunta» (2016) e «Os arquivos secretos de Escarlatina» (2017). Ilustrou así mesmo as novelas «Dúas bágoas por Máquina» (1992-2025), «Volverás, golfiño» (2014), «Quokka Moka» (2019), «Vampira de biblioteca» (2020) e «Axencia Galega de Asuntos Máxicos» (2024). Tamén é autor das ilustracións do álbum «Dez gatiñas viaxeiras» (2019) e do libro de poemas «No xardín do poeta» (2022).
"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.
GRATIS gastos de envío en España
Destinos, gastos y plazos de envíoLibrería: Hamelyn, Madrid, M, España
Condición: Bueno. Rivas, Víctor Ilustrador. : En 'Escarlatina, a cociñeira defunta', Román Casas, un aspirante a chef, pide un curso de cocina para su décimo cumpleaños, que coincide con el Día de Defuntos. Recibe un regalo inusual: un ataúd con instrucciones para activar a Escarlatina, una cocinera del siglo XIX que siempre está acompañada por Lady Horreur, una araña con acento francés. Juntos, con el gato Dodoto, viajan al Inframundo, donde los difuntos viven bajo el mando de Amanito, un tirano gobernante con la ayuda de los funguiños. El libro incluye recetas macabras que estimulan el apetito y la curiosidad por la cocina. EAN: 9788499147390 Tipo: Libros Categoría: Infantil y Juvenil|Literatura y Ficción Título: Escarlatina, a cociñeira defunta Autor: Ledicia Costas Editorial: Edicións Xerais Idioma: glg Páginas: 176 Formato: tapa blanda. Nº de ref. del artículo: Happ-2025-06-27-2410b4e2
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: RecicLibros, Madrid, M, España
Condición: Bien. Rivas, Víctor Ilustrador. Gracias, su compra ayuda a financiar programas para combatir el analfabetismo. Nº de ref. del artículo: 7832202507223AEC19788499147
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: Trotalibros LIBRERÍA LOW COST, Vigo, España
Otros. Condición: Bien. Estado de la sobrecubierta: Bien. Rivas, Víctor Ilustrador. 1. Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. . A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. . Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña. LIBRO. Nº de ref. del artículo: 9212
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: Releo, Valencia, V, España
Rivas, Víctor Ilustrador. ESTADO: BUENO. Libro en buen estado con marcas de uso. Nº de ref. del artículo: 24CB0625-0130
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: Releo, Valencia, V, España
Rivas, Víctor Ilustrador. ESTADO: BUENO. Libro en buen estado con marcas de uso. Nº de ref. del artículo: 16EA0425-0353
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: medimops, Berlin, Alemania
Condición: good. Rivas, Víctor Ilustrador. Befriedigend/Good: Durchschnittlich erhaltenes Buch bzw. Schutzumschlag mit Gebrauchsspuren, aber vollständigen Seiten. / Describes the average WORN book or dust jacket that has all the pages present. Nº de ref. del artículo: M08499147399-G
Cantidad disponible: 3 disponibles