Unha noite desapareceron todos os zapatos do pé esquerdo; no barrio todo o mundo sospeita do Mangallón, un vello rabudo que vende calzado. Tan só un grupo de rapaces que lidera Nica cre na súa inocencia. Son Os Sabuxos. Eles ocuparanse de descubrir a verdade e de que non derruben a casa do Mangallón para ampliar un campo de golf. Por outra parte, Nica intentará que o guaaapííísimo Sam lle preste un chisco de atención...
"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.
Jaureguizar (Bilbo, 1965). Xornalista. Traballa en El Progreso de Lugo. Como narrador ten publicados os seguintes libros: "Fridon spik" (Xerais 1995, 2003), narracións breves; "Comendo espaguetis diante da televisión" (Xerais 1998), novela; "As horas sucias" (Xerais 2001), novela; "Breve crónica universal da clase obreira" (2001), novela, Premio Lueiro Rey 2001, "Casa Skylab" (Premio Xerais 2003), novela, "Cabaret Voltaire" (Premio Manuel García Barros 2005), novela "O Globo de Shakespeare" (Premio Terra de Melide, Xerais 2008) e "Placebo" (Xerais, 2016). É autor, ademais, das novelas xuvenís "Todo a cen" (1995), "A rutina corsaria" (Xerais 1998), "Salitre" (Xerais 1999), "¡Balea morta ou lancha a pique!" (Xerais 2002), "A cova das vacas mortas" (Xerais 2006), premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil, "Plastilina nos pulmóns" (2007), "O contador de estrelas" (2009), "Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo" (Xerais, 2013) e "Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido" (Xerais, 2015). Ademais é autor da serie de novelas protagonizada polo xove detective Tintimán: "Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela" (Xerais 2010), "A coroa de napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña", "Amor de Serea. Un misterio para Tintimán en Vigo" (Xerais 2012), "O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo" (Xerais 2014) e "A boca do inferno. Un misterio para Tintimán en Ourense" (Xerais 2017). Mantén aberto o blog Cabaret Voltaire.
José Matalobos é deseñador gráfico. Comezou traballando como ilustrador e infógrafo do diario "El Progreso" ao tempo que desenvolveu unha actividade constante no campo da pintura. Na actualidade traballa como artista gráfico independente para o xornal "La Voz de Galicia", editoriais, axencias de publicidade e institucións, realizando actividades relacionadas coa arte gráfica en xeral: portadas, carteis, ilustración, etc. Para Xerais, ilustrou os libros da serie Tintimán e os volumes "Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo" (2013) e "Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido" (2015), obras do escritor Santiago Jaureguizar. Os seus traballos pódense ver no seu sitio web: www.matalobos.com.
"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.
GRATIS gastos de envío en España
Destinos, gastos y plazos de envíoLibrería: Hamelyn, Madrid, M, España
Condición: Como nuevo. Matalobos, José Ilustrador. : En 'Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo', una noche desaparecen todos los zapatos del pie izquierdo. En el barrio, las sospechas recaen sobre Mangallón, un anciano vendedor de calzado. Sin embargo, un grupo de jóvenes liderado por Nica cree en su inocencia. Este grupo, conocido como Os Sabuxos, se encargará de descubrir la verdad y evitar que la casa de Mangallón sea demolida para construir un campo de golf. Además, Nica intentará captar la atención de Sam, el chico guapo del barrio. Una historia juvenil de misterio y humor, ideal para lectores a partir de 10 años. EAN: 9788499144917 Tipo: Libros Categoría: Infantil y Juvenil|Literatura y Ficción Título: Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo Autor: Santiago Jaureguizar Editorial: Edicións Xerais Idioma: gl Páginas: 152 Formato: tapa dura. Nº de ref. del artículo: Happ-2024-05-07-0fed59e7
Cantidad disponible: 1 disponibles