Artículos relacionados a A cripta do apóstolo (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE...

A cripta do apóstolo (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO) - Tapa blanda

Tobaruela, Pere

 
9788499140810: A cripta do apóstolo (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO)

Sinopsis

Xacobe, Paula, Jaume e Candela, e o resto dos seus compañeiros de clase, protagonizan a aventura de percorrer o Camiño de Santiago durante dezaseis días. Coa mochila ao lombo, combinando traxectos a pé e desprazamentos en autocar, estes mozos e mozas peregrinos do século XXI percorrerán un itinerario cultural fascinante que os levará dende Somport, un porto de montaña no Pireneo de Aragón, situado preto da fronteira francesa, deica a catedral de Compostela, onde está a cripta do apóstolo. Mais no comezo da súa viaxe, un dos monitores que os acompaña, un personaxe moi peculiar, alértaos de que un perigo sobrevoa a cidade compostelá. Será certo?

"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.

Acerca de los autores

Pere Tobaruela naceu en Barcelona en 1965 e vive dende hai anos en Rois. É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. Con máis de corenta títulos publicados en varias editoriais, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, conto, novela... Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto. En Xerais, é autor dos seguintes títulos: «A cripta do apóstolo» (2010); «Poñente» (2011); «Mariña e o balón» (2020) e «Mariña e o balón. O primeiro gol» (2026). Ademais, xunto con Andrés Meixide, é coautor da serie Formig4s, que xa conta con oito títulos.

Ana Boullón é profesora na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, os seus traballos académicos xiran en torno ó estudo dos nomes propios, a edición de textos e da lexicografía. Ten participado na elaboración de dicionarios, en congresos internacionais e publicado en volumes colectivos e en revistas de investigación. No campo da tradución literaria, participou na tradución da colección das series de mitoloxías publicadas por Xerais (romana, viquinga, exipcia, celta), así como outras novelas en Xerais e Alfaguara. É membro da Asociación de Traductores Galegos e do Consello de redacción da súa revista, Viceversa, que se edita en colaboración coa Universidade de Vigo.

"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.