A afogada (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA) - Tapa blanda

Leira, Rocío

 
9788491218227: A afogada (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA)

Sinopsis

Laura Suárez, unha moza de dezanove anos altamente sensitiva e perfeccionista, desaparece entre as bravas ondas da praia de Riazor despois dunha noite de festa con dous amigos. Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo 2020

"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.

Acerca del autor

Rocío Leira Castro (Cee, 1979) é licenciada en Matemáticas pola USC e dirixe un centro de formación para universitarios en Compostela. Recibiu, entre outros, o Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores (2009), o Premio Xosé M. López Ardeiro (2015), o premio Avelina Valladares (2016) e o Premio de Poesía Manuel María (2017). Foi finalista do Premio de Novela Vilar Ponte (2018) e do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil (2019). Para o público infantil escribiu "Universo Pitágoras" (2013) e "O becho que quería comer á avoa" (2015). No eido da poesía conta cos poemarios "[Obituario]" (2016) e "INEM" (2016). En narrativa ten publicadas as novelas "Veleno en familia" (2019), "Trescatorcedezaseis" (Xerais, 2020) e "A afogada" (Xerais, 2021). "Cicuta para dous" fíxoa merecedora do Premio XIV Jules Verne de Literatura Xuvenil no ano 2022.

"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.