Artículos relacionados a Canícula: 20 (VentolAlto -Poesía)

Canícula: 20 (VentolAlto -Poesía) - Tapa blanda

Ruvira, Sofía

 
9788484877134: Canícula: 20 (VentolAlto -Poesía)

Sinopsis

Canícula é un poemario que fala da xenealoxía familiar e a natureza. Hibridando o espazo mariño co monte e o rural co urbano, as nais coas avoas e as avoas coas netas, o libro preséntase como una reflexión arredor do que supón medrar e marchar, ou o que supuxo, nun tempo, ficar. Os poemas do libro galopan como as pernas de cabalos que foxen, como budións que se escorregan polas rías do Atlántico, como pingas que se desfán co primeiro sol da primavera. Canícula procura desde o intimismo a exploración formal, procurando un achegamento mínimo á estrutura do verso, desfacéndose coa palabra que sobra e tentando, buscar interlocutores múltiples: nos mortos e na natureza, no real e no imaxinario.

"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.

Acerca del autor

Sofía Ruvira é escritora, artista e investigadora, explorando a memoria, o corpo, a natureza e a palabra a través da performance, danza, teatro, escritura e arte multimedia. Presentou o seu traballo en eventos como IHRAF (Nova York, 2024), PAUSA (Queens, 2023), MEXER (MIHL, 2022) e Cultivar Incertezas (CGAC, 2021). Actualmente cursa o seu doutoramento en literatura en Yale. Os corpos fráxiles é a súa primeira novela.

"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.