"A nación galega existe" é, en palabras do seu autor, "un libro dunha sinceridade asoballante", unha compilación de conversas co portavoz do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez, no que "non se contorna nengún asunto, por moi espiñento que fose. Fálase cunha enorme clareza, necesaria tanto do ponto de vista do esclarecemento de feitos como do ponto de vista científico-social". Mexuto explica que, 'dada a vocación do libro de falar do colectivo e do persoal, vimos útil fraccionalo en dúas partes. Unha primeira, autobiográfica, 1945-2005. O movemento persoal e colectivo mesturados. Unha segunda, o retrato do pensamento do autor, Acción e Pensamento, en que se analisan distintas materias moi caras a Francisco: a nación, a globalización, a lingua, a autoorganización das clases populares, o Novo Estatuto que precisamos, a presenza do nacionalismo no Goberno...' O autor conta que elexiu as reflexións de Francisco Rodríguez para esta obra porque a súa figura "é un fío condutor excelente para relatar a reconstrución do nacionalismo de postguerra neste país, para relatar por que se fusionou daquela nacionalismo e marxismo, para relatar a abnegación e o sacrificio na clandestinidade, para relatar a fidelidade ás conviccións e a lealdade en Galiza en condicións muitas veces de risco para a integridade física".
"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.
EUR 2,50 gastos de envío en España
Destinos, gastos y plazos de envíoLibrería: LIBRERÍA MATHILDABOOKS, Vigo, España
Encuadernación de tapa blanda. Condición: Excelente. Estado de la sobrecubierta: Excelente. 1ª Edición. Ejemplar en excelente estado, con pocas señales de uso. Nº de ref. del artículo: 036827
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: LIBRERÍA MATHILDABOOKS, Vigo, España
Encuadernación de tapa blanda. Condición: Excelente. Estado de la sobrecubierta: Excelente. 1ª Edición. Ejemplar en excelente estado, con pocas señales de uso. Nº de ref. del artículo: 036639
Cantidad disponible: 1 disponibles