Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias. Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer. Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos… Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido. Cada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte íntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade. Os rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten.
"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.
Ana Cocho (Santiago, 1977) é arquitecta e enxeñeira en IA. O seu interese polo patrimonio gráfico comezou coa súa publicación Rotulados (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2006) e os seus estudos de doutoramento en técnicas avanzadas de representación arquitectónica. Bolseira da Fundación Pedro Barrié de la Maza e da Fundación Santander Universia esta fortemente ligada á investigación en deseño arquitectónico, tecnoloxía e técnicas dixitais. Despois do seu paso pola Architectural Association of London e a Bartlett School (University College of London) estableceu a súa practica de arquitectura en Barcelona. Activa investigadora e docente universitaria desempeña o seu labor na Anglia Ruskin University (Reino Unido), UIC Barcelona School of Architecture e o Instituto de Arquitectura Avanzada de Catalunya (IAAC). Na actualidade reside en Londres e dedícase por completo á investigación en novas metodoloxías de deseño arquitectónico e urbano con base en procesos Intelixencia Artificial.
Jorge Lens (Vigo, 1967) combinou nos seus inicios o traballo como fotógrafo en La Voz de Galicia coa fotografía de autor, participando en numerosas mostras fotográficas. En 1997 comeza a exercer como profesor de fotografía na Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, labor en que continúa. En 2019 publica, xunto á escritora Ana B. Gómez, El bosque de los deseos, un libro infantil de contos ilustrado con fotografías. En 2023, foi galardoado co I Premio Internacional de Fotografía E CA convocado, pola Generalitat de Valencia e a revista cultural Makma baixo o lema Naturalezas Contradictorias. Dende 2016 desenvolve un amplo traballo no eido da fotografía urbana, que se concretou en exposicións como City Blues (Centros Culturais de España en Latinoamérica), Me llaman calle (Galería Sargadelos, Vigo), Esclavos de nuestra sombra (Asociación Évame Oroza) e [bi]sións, dúas miradas sobre Vigo (Casa da Cultura).
Robert Willemse (Haarlem, Países Baixos, 1969) tras instalarse en Galicia, orientou o seu labor profesional cara á informática e o deseño gráfico. A súa paixón pola fotografía e o patrimonio popular, levárono a publicar o libro O fútbol da terra (Real Federación Galega de Fútbol, 2017), unha selección de imaxes capturadas entre 2009 e 2017 que documentan o fútbol afeccionado en Galicia e todo o que o rodea, recibindo o recoñecemento da RFGF por fomentar a cultura galega. Desde entón dedicouse, como fotógrafo afeccionado, a documentar os elementos gráficos nas rúas, como rótulos e letreiros que, ao pasar frecuentemente inadvertidos adoitan recibir a etiqueta de "patrimonio invisible". A través das súas instantáneas trata de convidar o espectador a reflexionar sobre a transformación que están a sufrir os espazos urbanos e o seu impacto sobre a cultura, memoria colectiva e identidade das cidades.
"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.
Librería: Agapea Libros, Malaga, MA, España
Condición: New. Idioma/Language: Gallego. Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias. Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer. Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos? Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido. Cada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte íntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade. Os rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla. Nº de ref. del artículo: 26484210
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: KALAMO BOOKS, Burriana, CS, España
Tapa blanda. Condición: Nuevo. Nº de ref. del artículo: AZETA9788411765121
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: Antártica, Madrid, M, España
Rústica. Condición: New. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. 01. LIBRO. Nº de ref. del artículo: 1520122
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: Libros Tobal, Ajalvir, M, España
Condición: Nuevo. COLECCIÓN: REPORTAXE REPORTAXE - FOTOGRAFIAS: COLECCIONES. Nº de ref. del artículo: 9788411765121
Cantidad disponible: 8 disponibles
Librería: Kennys Bookshop and Art Galleries Ltd., Galway, GY, Irlanda
Condición: New. 2025. 1st Edition. paperback. . . . . . Nº de ref. del artículo: V9788411765121
Cantidad disponible: 2 disponibles
Librería: Kennys Bookstore, Olney, MD, Estados Unidos de America
Condición: New. 2025. 1st Edition. paperback. . . . . . Books ship from the US and Ireland. Nº de ref. del artículo: V9788411765121
Cantidad disponible: 2 disponibles
Librería: Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, MA, España
Rústica. Condición: New. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. 01. Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias. . Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer. . Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido. . Cada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte íntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade. . Os rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten. LIBRO. Nº de ref. del artículo: 4172509
Cantidad disponible: 1 disponibles