Publicado por AIRA INICIATIVAS CULTURAIS, 2024
ISBN 10: 8412883705 ISBN 13: 9788412883701
Librería: CENTRAL LIBRERA REAL FERROL, Ferrol. A Coruña, España
Original o primera edición
Rústica con solapas. Condición: Nuevo. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. MIGUEL ROBLEDO Ilustrador. A tita vive con Noa e a súa familia. Axuda na casa e apréndelle á nena cousas moi valiosas para a vida. Mais un día, o cuarto da tita aparece baleiro. Onde marchou? Por que ninguén lle conta nada a Noa? . Unha das obras máis famosas de Concha Blanco nunha nova edición ilustrada por Miguel Robledo. LIBRO.
Publicado por AIRA INICIATIVAS CULTURAIS, 2022
ISBN 10: 8412451260 ISBN 13: 9788412451269
Librería: CENTRAL LIBRERA REAL FERROL, Ferrol. A Coruña, España
Rústica con solapas. Condición: Nuevo. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. XXXVII PREMIO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE Dámosche a benvida ao final do mundo que coñeces. Non á fin senón ao fin, porque a nova fase que virá terá o seu particular propósito, as súas propias arelas e soños. Antonio Seijas debuta como poeta con este libro no que amosa unha gran capacidade para crear imaxes e ambientes que superan a mirada cotiá sobre o que nos arrodea para nos propor un diálogo coa totalidade, co latexo da materia que se envolve nunha aperta lírica coas nosas emocións. LIBRO.
Publicado por AIRA INICIATIVAS CULTURAIS, 2024
ISBN 10: 841285814X ISBN 13: 9788412858143
Librería: CENTRAL LIBRERA REAL FERROL, Ferrol. A Coruña, España
Original o primera edición
Rústica con solapas. Condición: Nuevo. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. Que nos evocan o nome das cidades míticas? Como se filtran no noso subconsciente as experiencias que vivimos? Como gobernan a nosa rutina os soños que nos fascinan? . Este libro de poemas combina potentes imaxes visuais e un vertixinoso ritmo. Unha ferida literaria profunda. A obra que consolida a Antonio Seijas como autor literario. LIBRO.
Publicado por AIRA INICIATIVAS CULTURAIS, 2024
ISBN 10: 8412858190 ISBN 13: 9788412858198
Librería: CENTRAL LIBRERA REAL FERROL, Ferrol. A Coruña, España
Rústica con solapas. Condición: Nuevo. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. Esta é unha novela sobre a relación entre unha neta e unha avoa. Sobre a descuberta da finitude, da fraxilidade. . A primeira novela de Sofía Ruvira busca a literatura nos pequenos detalles e nas emocións universais que levan movendo o mundo desde sempre. LIBRO.
Publicado por AIRA INICIATIVAS CULTURAIS, 2024
ISBN 10: 8412858115 ISBN 13: 9788412858112
Librería: CENTRAL LIBRERA REAL FERROL, Ferrol. A Coruña, España
Tapa dura. Condición: Nuevo. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. ROBLEDO, MIGUEL Ilustrador. Ola. Se escolliches este libro é porque pensaches algunha vez en escribir. Escribir un conto, un poema, se cadra unha novela. Este non é un libro de receitas nin un manual. É unha invitación a deixarse levar polas palabras e as historias. LIBRO.
Publicado por AIRA INICIATIVAS CULTURAIS, 2024
ISBN 10: 8412858107 ISBN 13: 9788412858105
Librería: CENTRAL LIBRERA REAL FERROL, Ferrol. A Coruña, España
Rústica con solapas. Condición: Nuevo. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. B., unha limpadora que vive ao carón do mar da Coruña, empeza a recibir visitas dunha criatura do mar, silenciosa e sedutora, coa que deixa que se manifesten os seus máis escuros instintos. Nemo, ou Tritón, tamén coñecerá a Domingos, un veterano pescador que garda na memoria todas as historias do océano. Novela poética e moi persoal dunha das grandes escritoras do noso tempo. Unha historia que sabe ao salitre. LIBRO.
Publicado por AIRA INICIATIVAS CULTURAIS, 2022
ISBN 10: 8412559347 ISBN 13: 9788412559347
Librería: CENTRAL LIBRERA REAL FERROL, Ferrol. A Coruña, España
Original o primera edición
Rústica con solapas. Condición: Nuevo. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. Voces de mulleres que berran, que se expresan, que se queixan e que se liberan. Voces que lle plantan cara á violencia machista en todas as súas facetas e que reclaman protagonizar as súas propias vidas. Elba Pedrosa tece nos tres relatos que se entrecruzan en Agora que cala a noite unha narración viva, directa e actual. LIBRO.
Publicado por AIRA INICIATIVAS CULTURAIS, 2024
ISBN 10: 8412858174 ISBN 13: 9788412858174
Librería: CENTRAL LIBRERA REAL FERROL, Ferrol. A Coruña, España
Original o primera edición
Rústica con solapas. Condición: Nuevo. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. Esta é unha novela sobre o pai. Sobre a relación entre unha filla escritora e o seu pai alcólico. Sen edulcorantes nin grandilocuencia. Literatura que manca e fascina. Unha obra sobre o amor e a memoria onde o misterio queda pechado dentro dos muros da casa. . Eider Rodríguez edifica a súa historia familiar cun estilo actual e preciso. A autora constrúe un relato universal cos materiais que tiña máis a man e o resultado é inmellorable. LIBRO.
Publicado por AIRA INICIATIVAS CULTURAIS, 2024
ISBN 10: 8412858182 ISBN 13: 9788412858181
Librería: CENTRAL LIBRERA REAL FERROL, Ferrol. A Coruña, España
Original o primera edición
Rústica con solapas. Condición: Nuevo. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. Este libro recolle sete dos máis importantes relatos de Vernon Lee. Sete historias onde o sobrenatural, o macabro, o misterioso e o abraiante ambientan unha literatura desas que non se esquecen. . A autora, gran coñecedora do Pasado e o seu legado (os acontecementos históricos, a arte), usa a erudición para tecer atmosferas e personaxes decadentes, míticos, arrepiantes. LIBRO.
Publicado por AIRA INICIATIVAS CULTURAIS, 2024
ISBN 10: 8412769589 ISBN 13: 9788412769586
Librería: CENTRAL LIBRERA REAL FERROL, Ferrol. A Coruña, España
Rústica con solapas. Condición: Nuevo. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. Esta é a historia dun amor e dunha vinganza. Unha historia sobre o poder e sobre o imposible. Unha historia sobre a fin da República de Roma desde un punto de vista moi orixinal. . Francisco Narla demostra de novo a súa gran capacidade narrativa nesta novela de aventuras onde a pulsión da natureza se enfronta á ruindade humana. Cazadores e presas nun relato que te vai deixar sen respiración. LIBRO.
Publicado por AIRA INICIATIVAS CULTURAIS, 2024
ISBN 10: 8412858123 ISBN 13: 9788412858129
Librería: CENTRAL LIBRERA REAL FERROL, Ferrol. A Coruña, España
Tapa dura. Condición: Nuevo. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. FON Ilustrador. 1,2,3! Prepárate para as disparatadas trasnadas dos Banainas, un grupo de criaturas que che farán rir a esgalla! Únete a esta atoliscada cuadrilla do Colexio Animal Darwin e desfruta coas súas aventuras! Gargalladas garantidas en cada páxina. Personaxes inesquecibles. Nunca volverás ver o cole cos mesmos ollos. LIBRO.
Publicado por AIRA INICIATIVAS CULTURAIS, 2024
ISBN 10: 8412883713 ISBN 13: 9788412883718
Librería: CENTRAL LIBRERA REAL FERROL, Ferrol. A Coruña, España
Rústica (Tapa blanda). Condición: Nuevo. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. Emily Fox-Seton, de tan boa, parece parva. Malia a súa liñaxe nobre, parece destinada a coidar das vidas de todos os que a arrodean. Mais a súa vida vai cambiar cando coñeza o marqués de Walderhurst, un dos mellores partidos da alta sociedade británica de finais do século XIX. Esta novela retrata unha protagonista inesquecible, chea de bondade e entusiasmo para superar todas as dificultades. Unha historia de romanticismo e intriga. Outra obra mestra da autora dO xardín secreto. LIBRO.
Publicado por AIRA INICIATIVAS CULTURAIS, 2023
ISBN 10: 8412559398 ISBN 13: 9788412559392
Librería: CENTRAL LIBRERA REAL FERROL, Ferrol. A Coruña, España
Cartoné. Condición: Nuevo. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. LAGO, CARLOS Ilustrador. Belas criaturas no transo da morte. Humor e terror abrazados nun melancólico tango. . Esta colección de relatos de Emma Pedreira e Carlos Lago detense no derradeiro alento para converter o inesperado, o incómodo, o arrepiante. en literatura, en beleza. LIBRO.
Publicado por AIRA INICIATIVAS CULTURAIS, 2021
ISBN 10: 8412384903 ISBN 13: 9788412384901
Librería: CENTRAL LIBRERA REAL FERROL, Ferrol. A Coruña, España
Rústica con solapas. Condición: Nuevo. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. Todo está pronto para a festa de homenaxe ao ex tenista Basil Rallis a bordo da goleta La Giralda, nas fermosas augas da baía de Santander cando a organizadora, a arrebatadora Judith Pombo, aparece morta encerrada no seu camarote. Todos os invitados pasan a ser sospeitosos nun caso de asasinato aparentemente imposible. . María Oruña homenaxea as novelas de cuarto pechado nesta emocionante historia policial onde a tenente galega Valentina Redondo non só terá que resolver o crebacabezas do crime máis estraño da súa carreira senón tamén recompoñer as pezas da súa propia vida. LIBRO.
Publicado por AIRA INICIATIVAS CULTURAIS, 2024
ISBN 10: 8412769554 ISBN 13: 9788412769555
Librería: CENTRAL LIBRERA REAL FERROL, Ferrol. A Coruña, España
Original o primera edición
Rústica con solapas. Condición: Nuevo. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. A proclamación da II República, o 14 de abril do 1931, coincide coa morte do prestixioso doutor Asorey en Santiago de Compostela e co asasinato da lavandeira que se ocupaba de facer a bogada na casa del. A incerteza do tempo histórico e o medo das súas catro fillas, que vivían con el, vainas obrigar a tomar unha decisión que condicionará as súas vidas para sempre. . Unha novela de personaxes, que recrea un mundo a piques de mudar para sempre. No seu debú literario, Marta Estévez demostra ter man para crear situacións de intriga e atopar nos detalles o fío que une o evidente co máis profundo do ser humano. LIBRO.