Artículos relacionados a Raquel ten medo (INFANTIL E XUVENIL - PASENIÑO)

Raquel ten medo (INFANTIL E XUVENIL - PASENIÑO) - Tapa blanda

 
9788497821568: Raquel ten medo (INFANTIL E XUVENIL - PASENIÑO)
Ver todas las copias de esta edición ISBN.
 
 
Cada vez que cre ver un monstro, Raquel esperta a súa irmán Tina. A nova colección "Paseniño" de Xerais, destinada aos primeiros lectores, ten como obxectivo que os nenos e as nenas melloren o proceso de aprendizaxe da lectura, que adquiran o hábito lector e que, ademais, se divirtan cos libros. Para isto, os contos combinan un dobre nivel de lectura, textual e gráfico, que permite ao novo director adquirir autonomía a través do texto e das ilustracións. Os textos son breves, xeralmente dunha soa frase en cada páxina, e preséntanse dobremente, en letra manuscrita e en maiúscula, de xeito que os nenos e nenas poden optar pola modalidade na que empezaron a adquirir o proceso lector. As páxinas impares teñen unha ilsutración a toda cor, e nas páxinas pares, ademais do texto, hai tamén un debuxo que cobra animación se pasamos as páxinas de corrido. A calidade gráfica e literaria está garantida. Colaboraron nesta colección destacados ilustradores e escritores como Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xan López Domínguez, Marina Seoane, Mariasun Landa, Vicente Muñoz Puelles, Gabriel Janer Manila, entre unha longa nómina.

"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.

Reseña del editor:
Cada vez que cre ver un monstro, Raquel esperta a súa irmán Tina. Un libro, destinado aos primeiros lectores, ten como obxectivo que os nenos e as nenas melloren o proceso de aprendizaxe da lectura, que adquiran o hábito lector e que, ademais, se divirtan cos libros. Para isto, o conto combinan un dobre nivel de lectura, textual e gráfico, que permite ao novo lector adquirir autonomía a través do texto e das ilustracións. Os textos son breves, xeralmente dunha soa frase en cada páxina, e preséntanse dobremente, en letra manuscrita e en maiúscula, de xeito que os nenos e nenas poden optar pola modalidade na que empezaron a adquirir o proceso lector. As páxinas impares teñen unha ilustración a toda cor, e nas páxinas pares, ademais do texto, hai tamén un debuxo que cobra animación se pasamos as páxinas de corrido.
Biografía del autor:
Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 - Vigo, 2016) é unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Profesor e escritor, desenvolveu unha ampla obra narrativa, na súa maior parte publicada por Edicións Xerais de Galicia, traducida e recoñecida cos máis importantes premios. Deuse a coñecer en 1989 co libro de contos " A cidade dos desexos " , o primeiro na colección Merlín de literatura infantil, da que foi fundador e codirector, ao que seguiron " As flores radioactivas " (1990), novela, Premio Merlín 1989; " Contos por palabras " (1991), relatos, Premio Lazarillo 1990, Lista de Honra do IBBY 1992, seleccionado entre a centena de títulos considerados como os mellores da literatura infantil do século XX; " Rapazas " (1993), relatos; " Trece anos de Branca " (1994), novela, Premio Edebé de literatura xuvenil 1994; " Cartas de inverno " (1995, 2016), novela, Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil; " Amor dos quince anos, Marilyn " (1995), novela; " O centro do labirinto " (1997), novela; " O laboratorio do doutor Nogueira " (1998); " Cos pés no aire " (1999), novela, Premio Raíña Lupa; " Aire negro " (2000), novela, Lista de Honra do IBBY 2002, Lista The White Ravens 2004 e Premio Protagonista Jove 2001; " No corazón do bosque " (2001), novela; " Un tren cargado de misterios " (2001), conto; " Noite de voraces sombras " (2002), novela; " A praia da esperanza " (2003), conto; " O meu nome é Skywalker " (2003), novela, Premio Barco de Vapor; " Tres pasos polo misterio " (2004), relatos; " Fantasmas no corredor " (2005), conto; " Corredores de sombra " (2006), novela, Premio Frei Martín Sarmiento; " O único que queda é o amor " (2007), relatos, Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil, Premio Neira Vilas da AGE, Premio da AELG, Premio Frei Martín Sarmiento; " Lúa do Senegal " (2009), novela, Premio da AELG; " Valados " (2009), conto; " Non hai noite tan longa " (2011), novela, Premio Ánxel Casal 2011, Premio Losada Diéguez 2012 e Premio Irmandade do Libro 2012; " Fantasmas de luz " (2011), novela, Premio da Crítica Galicia 2012; " Desde unha estrela distante " (2013), conto; " A viaxe de Gagarin " (2014), novela, Premio Ánxel Casal 2015, Premio AELG 2015 e Premio da Crítica Galicia 2015; " A neve interminable " (2015), novela, Premio Frei Martín Sarmiento 2016 e " O soño do Merlo Branco " (2016), conto. Reuniu textos memorialísticos no libro " O rastro que deixamos " (2012) e os seus ensaios sobre a lectura en " Un mundo de palabras " (2017). A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas ibéricas e algunhas delas en coreano, árabe, francés, chinés, búlgaro, bretón, italiano e inglés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003); o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), a Letra E da AELG (2009); e en 2011 recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Foi o candidato da OEPLI ao Astrid Lindgren Memorial Award; en 2011 foi escollido pola OEPLI como o candidato español ao Premio Andersen 2012 e en 2015 a AELG propúxoo como candidato ao Premio Nobel de Literatura.

"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.

  • EditorialXerais
  • Año de publicación2004
  • ISBN 10 8497821564
  • ISBN 13 9788497821568
  • EncuadernaciónTapa blanda
  • Número de páginas24
  • IlustradorSeoane Marina

Comprar nuevo

Ver este artículo

Gastos de envío: EUR 8,48
De España a Estados Unidos de America

Destinos, gastos y plazos de envío

Añadir al carrito

Los mejores resultados en AbeBooks

Imagen de archivo

Fernández Paz, Agustín
Publicado por XERAIS (2004)
ISBN 10: 8497821564 ISBN 13: 9788497821568
Nuevo Cantidad disponible: 1
Librería:
KALAMO LIBROS, S.L.
(La Puebla de Montalbán, TO, España)

Descripción Sin especificar. Condición: Nuevo. Seoane, Marina Ilustrador. Nº de ref. del artículo: ANY9788497821568

Más información sobre este vendedor | Contactar al vendedor

Comprar nuevo
EUR 8,89
Convertir moneda

Añadir al carrito

Gastos de envío: EUR 8,48
De España a Estados Unidos de America
Destinos, gastos y plazos de envío
Imagen del vendedor

Marina Seoane; Agustín Fernández Paz
Publicado por Ed. Xerais (2004)
ISBN 10: 8497821564 ISBN 13: 9788497821568
Nuevo Tapa blanda Cantidad disponible: 1
Librería:
AG Library
(Malaga, España)

Descripción Condición: New. Seoane, Marina Ilustrador. Idioma/Language: Gallego. Cada vez que cre ver un monstro, Raquel esperta a súa irmán Tina. A nova colección "Paseniño" de Xerais, destinada aos primeiros lectores, ten como obxectivo que os nenos e as nenas melloren o proceso de aprendizaxe da lectura, que adquiran o hábito lector e que, ademais, se divirtan cos libros. Para isto, os contos combinan un dobre nivel de lectura, textual e gráfico, que permite ao novo director adquirir autonomía a través do texto e das ilustracións. Os textos son breves, xeralmente dunha soa frase en cada páxina, e preséntanse dobremente, en letra manuscrita e en maiúscula, de xeito que os nenos e nenas poden optar pola modalidade na que empezaron a adquirir o proceso lector. As páxinas impares teñen unha ilsutración a toda cor, e nas páxinas pares, ademais do texto, hai tamén un debuxo que cobra animación se pasamos as páxinas de corrido. A calidade gráfica e literaria está garantida. Colaboraron nesta colección destacados ilustradores e escritores como Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xan López Domínguez, Marina Seoane, Mariasun Landa, Vicente Muñoz Puelles, Gabriel Janer Manila, entre unha longa nómina. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla. Nº de ref. del artículo: 60816

Más información sobre este vendedor | Contactar al vendedor

Comprar nuevo
EUR 7,55
Convertir moneda

Añadir al carrito

Gastos de envío: EUR 11,38
De España a Estados Unidos de America
Destinos, gastos y plazos de envío