A economía está inmersa no núcleo dunha "tormenta perfecta". A combinacíón letal dunha burbula inmobiliaria e a maior crise bancaria internacional que se acorda, xerou a situación máis difícil que teñan que afrontar as nosas empresas. Como poden as PEMEs sobrevivir neste contexto? As ferramentas, ideas e conceptos dos gurús do Management clásico (algunhas delas leváronnos a esta situación) resultan pouco efectivos; os empresarios e directivos temos que buscar novos elementos de inspiración. Este libro deixa a un lado as ensinanzas dos clásicos do Management e extrae conclusións das teorías dunha persoa bicentenaria: Charles Darwin. Ao longo das súas páxinas mostra a empresarios e directivos que poden facer para ter máis posibilidades de sobreviviren á tormenta perfecta mediante tres sinxelas regras: - Xerar ideas para convertilas en valor - Optimizar resultados - Aprender a desaprender. As empresas que non se adapten ao medio (a tormenta perfecta) morrerán con maior probabilidade, as empresas mello adaptadas sobrevivirán máis probablemente.
"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.
- EditorialAndavira Editora
- Año de publicación2009
- ISBN 10 8484085155
- ISBN 13 9788484085157
- EncuadernaciónTapa blanda
- Número de edición1
- Número de páginas136