Biografía del autor:
Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega. Na colección Narrativa publicou os relatos de «Un animal chamado néboa» (2015), Premio Losada Diéguez, e a novela «Infamia» (2019). Tamén é autora de diversas novelas de fronteira, como «O corazón de Xúpiter» (Xerais, 2012), Premio Neira Vilas; «Recinto Gris» (Xerais, 2014); «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta» (Xerais, 2016), Premio Lazarillo, Premio Gala do Libro Galego e White Ravens; ou «A balada dos unicornios» (Xerais, 2018), obra coa que gañou por segunda vez o Lazarillo, así como o Premio Kelvin 505 á mellor novela xuvenil orixinal de 2019. En 2014 recibiu o Premio Merlín e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por «Escarlatina, a cociñeira defunta» (Xerais, 2014). É autora de títulos tan emblemáticos como «Esmeraldina, a pequena defunta» (Xerais, 2016) ou «A señorita Bubble» (Xerais, 2018), Premio Gala do Libro Galego.
Víctor Rivas (Pontevedra, 1965). Dedícase profesionalmente á ilustración, debuxo de cómic e comunicación visual dende 1989. Dende hai uns anos debuxa tamén para todo o mundo a través dunha axencia en Nova York. Atópase cómodo traballando en contornos dixitais e en calquera estilo de debuxo, aínda que os mundos fantásticos e as estéticas vitorianas son as súas preferidas. Para Xerais ilustrou o proxecto literario de Ledicia Costas «Escarlatina», do que se levan publicados tres títulos: «Escarlatina, a cociñeira defunta» (2014), «Esmeraldina, a pequena defunta» (2016) e «Os arquivos secretos de Escarlatina» (2017). Tamén ilustrou as novelas «Volverás, golfiño», de Andrea Maceiras (Xerais 2014), e «Quokka Moka», de María Solar (Xerais 2019).
"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.