Artículos relacionados a A praia da esperanza (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN -...

A praia da esperanza (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante) - Tapa blanda

 
9788497820684: A praia da esperanza (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante)
Ver todas las copias de esta edición ISBN.
 
 
Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí descubrirá que a buguina garda no seu interior un ser moi especial co que axiña fará amizade. O que Raquel e o estraño ser non sabían era que o afondimento do petroleiro Prestige e a marea que provocou ían cambiar radicalmente as súas vidas. A praia da esperanza é unha narración escrita durante os meses en que Galicia viviu a catástrofe do Prestige. A fantasía e a realidade mestúranse no relato e acaban por confluír nunha crónica da intensa resposta social que se produciu aquel inverno.

"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.

Biografía del autor:
Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 - Vigo, 2016) é unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Profesor e escritor, desenvolveu unha ampla obra narrativa, na súa maior parte publicada por Edicións Xerais de Galicia, traducida e recoñecida cos máis importantes premios. Deuse a coñecer en 1989 co libro de contos " A cidade dos desexos " , o primeiro na colección Merlín de literatura infantil, da que foi fundador e codirector, ao que seguiron " As flores radioactivas " (1990), novela, Premio Merlín 1989; " Contos por palabras " (1991), relatos, Premio Lazarillo 1990, Lista de Honra do IBBY 1992, seleccionado entre a centena de títulos considerados como os mellores da literatura infantil do século XX; " Rapazas " (1993), relatos; " Trece anos de Branca " (1994), novela, Premio Edebé de literatura xuvenil 1994; " Cartas de inverno " (1995, 2016), novela, Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil; " Amor dos quince anos, Marilyn " (1995), novela; " O centro do labirinto " (1997), novela; " O laboratorio do doutor Nogueira " (1998); " Cos pés no aire " (1999), novela, Premio Raíña Lupa; " Aire negro " (2000), novela, Lista de Honra do IBBY 2002, Lista The White Ravens 2004 e Premio Protagonista Jove 2001; " No corazón do bosque " (2001), novela; " Un tren cargado de misterios " (2001), conto; " Noite de voraces sombras " (2002), novela; " A praia da esperanza " (2003), conto; " O meu nome é Skywalker " (2003), novela, Premio Barco de Vapor; " Tres pasos polo misterio " (2004), relatos; " Fantasmas no corredor " (2005), conto; " Corredores de sombra " (2006), novela, Premio Frei Martín Sarmiento; " O único que queda é o amor " (2007), relatos, Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil, Premio Neira Vilas da AGE, Premio da AELG, Premio Frei Martín Sarmiento; " Lúa do Senegal " (2009), novela, Premio da AELG; " Valados " (2009), conto; " Non hai noite tan longa " (2011), novela, Premio Ánxel Casal 2011, Premio Losada Diéguez 2012 e Premio Irmandade do Libro 2012; " Fantasmas de luz " (2011), novela, Premio da Crítica Galicia 2012; " Desde unha estrela distante " (2013), conto; " A viaxe de Gagarin " (2014), novela, Premio Ánxel Casal 2015, Premio AELG 2015 e Premio da Crítica Galicia 2015; " A neve interminable " (2015), novela, Premio Frei Martín Sarmiento 2016 e " O soño do Merlo Branco " (2016), conto. Reuniu textos memorialísticos no libro " O rastro que deixamos " (2012) e os seus ensaios sobre a lectura en " Un mundo de palabras " (2017). A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas ibéricas e algunhas delas en coreano, árabe, francés, chinés, búlgaro, bretón, italiano e inglés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003); o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), a Letra E da AELG (2009); e en 2011 recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Foi o candidato da OEPLI ao Astrid Lindgren Memorial Award; en 2011 foi escollido pola OEPLI como o candidato español ao Premio Andersen 2012 e en 2015 a AELG propúxoo como candidato ao Premio Nobel de Literatura.

"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.

  • EditorialEdicións Xerais
  • Año de publicación2003
  • ISBN 10 8497820681
  • ISBN 13 9788497820684
  • EncuadernaciónTapa blanda
  • Número de páginas104
  • IlustradorNovoa Teresa
Comprar nuevo Ver este artículo

Gastos de envío: GRATIS
A España

Destinos, gastos y plazos de envío

Añadir al carrito

Los mejores resultados en AbeBooks

Imagen de archivo

Agustín Fernández Paz; Teresa Novoa
Publicado por XERAIS (2003)
ISBN 10: 8497820681 ISBN 13: 9788497820684
Nuevo Encuadernación de tapa blanda Cantidad disponible: 1
Librería:
KALAMO LIBROS, S.L.
(La Puebla de Montalbán, TOLED, España)

Descripción Encuadernación de tapa blanda. Condición: Nuevo. Novoa, Teresa Ilustrador. Nº de ref. del artículo: ANY9788497820684

Más información sobre este vendedor | Contactar al vendedor

Comprar nuevo
EUR 11,50
Convertir moneda

Añadir al carrito

Gastos de envío: GRATIS
A España
Destinos, gastos y plazos de envío
Imagen del vendedor

Fernández Paz, Agustín
Publicado por XERAIS (2024)
ISBN 10: 8497820681 ISBN 13: 9788497820684
Nuevo Tapa blanda Cantidad disponible: 1
Librería:
Imosver
(PONTECALDELAS, España)

Descripción Condición: Nuevo. Novoa, Teresa Ilustrador. Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí descubrirá que a buguina garda no seu interior un ser moi especial co que axiña fará amizade. O que Raquel e o estraño ser non sabían era que o afondimento do petroleiro Prestige e a marea que provocou ían cambiar radicalmente as súas vidas. A praia da esperanza é unha narración escrita durante os meses en que Galicia viviu a catástrofe do Prestige. A fantasía e a realidade mestúranse no relato e acaban por confluír nunha crónica da intensa resposta social que se produciu aquel inverno. Nº de ref. del artículo: 3100140054

Más información sobre este vendedor | Contactar al vendedor

Comprar nuevo
EUR 10,92
Convertir moneda

Añadir al carrito

Gastos de envío: EUR 3,19
A España
Destinos, gastos y plazos de envío