Poesía Eduardo Pondal (Edición Literaria - Biblioteca Das Letras Galegas)

4 valoración promedio
( 2 valoraciones por Goodreads )
 
9788475073613: Poesía Eduardo Pondal (Edición Literaria - Biblioteca Das Letras Galegas)
Ver todas las copias de esta edición ISBN.
 
 

Eduardo Pondal (1835-1917) é, xunto con Rosalía de Castro e Curros Enríquez, un dos tres grandes autores do Rexurdimento do século XIX. El é o poeta dos pinos, o bardo, a memoria antiga da Galicia celta, os verdes castros, mitos históricos do mundo anterior á cegada do romano.A súa obra "Queixumes dos pinos" é referencia obrigada na procura das raíces de identidade da nación galega, os fillos de Breogán, e o primeiro grande esforzo para a construcción duna lingua literaria e culta.Esta edición da súa poesía, comentada e anotada, introduce ó lector no mundo poderoso e baril da nosa máis remota memoria, vizosa fonte de inspiración que unha riquísima tradición continúa.

"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.

Biografía del autor:

Eduardo Pondal (Eduardo María González-Pondal Abente) (Ponteceso, Bergantiños, 1835- A Coruña, 1917), de orixe fidalga, estudiou gramática latina da man dun parente crego. En 1848 instalouse en Santiago para cursar o Bacharelato en Filosofía e, a seguir, a carreira de Medicina. No compostelán Liceo de la Juventud coñecerá a Rosalía, Murguía e Rodríguez Seoane, con quen partillará inquedanzas culturais. No transcurso do Banquete de Conxo (1856), un encontro confraternizador entre artesáns e estudiantes, Pondal daríase a coñecer coa lectura dun poema en español titulado " Brindis " . Tras licenciarse en Medicina en 1860, Pondal estableceuse en Ferrol como médico da Armada Española. Neste ano saíu á luz no Álbum de la Caridad " A campana de Anllóns " , o seu primeiro poema en galego. Un ano máis tarde preparou oposicións en Madrid para ingresar no corpo de Sanidade Militar, mais, tras conseguir un posto en Asturias, deixou a praza e abandonou de maneira definitiva a profesión médica. Desde entón dedicouse por completo ao cultivo da poesía. Instalado desde entón na súa vila natal e na Coruña, Pondal contactou co hipotético pasado celta da Galiza na tertulia da Libraría Carré, alcumada " Cova Céltica " , e accedeu a través de Murguía aos poemas ossiánicos de James Macpherson. Pondal asumirá entón o papel de " bardo " da nación galega, exercendo como guía e intérprete da rota a seguir. No ano 1877 saíu do prelo Rumores de los pinos , un conxunto de vinteún poemas en galego e español que servirá de base a Queixumes dos pinos (1886). Esta obra recupera da versión bilingüe as composicións en galego, inclúe aínda algúns dos poemas en español agora traducidos e coñecerá diversas ampliacións nas edicións seguintes. " Os pinos " , xurdido das sucesivas reelaboracións de Rumores de los pinos, conformará o himno galego, con música de Pascual Veiga. O trazo máis acusado da súa personalidade literaria foi, sen dúbida, a clara consciencia da dimensión artística da súa obra que o levou a revisar constantemente as súas creacións, mesmo as xa publicadas. Neste sentido, non resulta estraño que de Os Eoas , un extenso poema épico baseado na descuberta do continente americano, o autor só publicase un primeiro esbozo en 1858.

"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.

Comprar usado
Ver este artículo

Gastos de envío: EUR 29,00
De España a Estados Unidos de America

Destinos, gastos y plazos de envío

Añadir al carrito

Los mejores resultados en AbeBooks

Imagen de archivo

1.

Pondal, Eduardo
Publicado por XERAIS
ISBN 10: 8475073611 ISBN 13: 9788475073613
Antiguo o usado Cantidad disponible: 1
Librería
V Books
(DH, SE, España)

Descripción XERAIS. Condición: Muy Bueno / Very Good. Nº de ref. del artículo: 100000000225578

Más información sobre este vendedor | Contactar al vendedor

Comprar usado
EUR 109,08
Convertir moneda

Añadir al carrito

Gastos de envío: EUR 29,00
De España a Estados Unidos de America
Destinos, gastos y plazos de envío
Imagen de archivo

2.

PONDAL, EDUARDO
Publicado por EDITORIAL XERAIS DE GALICIA (1989)
ISBN 10: 8475073611 ISBN 13: 9788475073613
Antiguo o usado Rústica Cantidad disponible: 1
Librería
Zilis Select Books
(Madrid, M, España)

Descripción EDITORIAL XERAIS DE GALICIA, 1989. Rústica. Condición: Very Good. 01/02/1989. Nº de ref. del artículo: 978846864

Más información sobre este vendedor | Contactar al vendedor

Comprar usado
EUR 145,40
Convertir moneda

Añadir al carrito

Gastos de envío: EUR 20,50
De España a Estados Unidos de America
Destinos, gastos y plazos de envío
Imagen de archivo

3.

Pondal, Eduardo
Publicado por Xerais De Galicia Edicions
ISBN 10: 8475073611 ISBN 13: 9788475073613
Antiguo o usado PAPERBACK Cantidad disponible: 1
Librería
V Books
(DH, SE, España)

Descripción Xerais De Galicia Edicions. PAPERBACK. Condición: Good. 8475073611. Nº de ref. del artículo: 9788475073613

Más información sobre este vendedor | Contactar al vendedor

Comprar usado
EUR 349,00
Convertir moneda

Añadir al carrito

Gastos de envío: EUR 29,00
De España a Estados Unidos de America
Destinos, gastos y plazos de envío