«Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía, unha orquestración. Cando a chuvia cae nas follas soa un violín, unha gaita, unha zanfona, cada vez que unha treboada fai danzar os freixos ármase un espectáculo de ballet...» A música das árbores é un libro-disco que conxuga a narración, a música e a poesía para falarnos da posibilidade dun mundo onde os seus habitantes vivan en harmonía coa natureza e onde os problemas se amañen facendo falar os corazóns.
"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.
Estraño contacontos que se considera realmente un atrapador de contos, nacido o día dos santos inocentes do ano 1963. Coñecido como o Carballo con Botas e herdeiro da tradición do "Barón Rampante" de Italo Calvino e do realismo máxico de Álvaro Cunqueiro, os seus contos xa están no maxín de varias xeracións de alumnas e alumnos de centros escolares de Galiza, Euskadi, Castela-A Mancha, O Bierzo, Portugal..., e mesmo na selva amazónica peruana de Iquitos. É o inventor da Ciclobiblioteca, a Titiricleta, o Paztinete, o Nubinete, a Barca dos Contos ou o Paraugas Dameaugas... aparellos cos que chega a bibliotecas, prazas, centros culturais ou escolas para contar os seus contos. Actualmente mora enriba dunha árbore no Eco Espazo Casa nas Árbores de Garabelos, onde traduce á linguaxe dos seres humanos o falar do vento coas árbores, o caer das pingas nas follas, o canto dos merliños, paporroibos e curuxas. As súas historias transfórmanse tamén en bicicletas para mestres e médicos de Latinoamérica, Asia e África dentro do proxecto Bicis pola Paz, e tamén en lapiseiros e material escolar para as nenas e nenos refuxiados dos campamentos de Tinduf, no deserto do Sahara, dentro do Proxecto Sahariza; así como en miles de árbores plantadas nos bosques galegos dentro do proxecto Plantabosques. Todo este traballo solidario se plasma no portal web www.contosolidarios.org A súa traxectoria foi recoñecida en numerosas ocasións: Premio de Educación Ambiental en Galicia 1990; Premio á Mellora da Calidade de Vida Agronatura 1991, Premio Laranxa do Colexio de Montefurado, Premio Osíxeno de Adega 2010. E moitas das súas historias foron publicadas en formato libro, como "Plantarse", "Tío Teixo", "O paraugas dameaugas", "A xacia Luviñas", "O Carballo con Botas" ou "Salgadiña, a estrela de Fisterra". "A música das árbores" (2015), en coautoría con Servando Barreiro, é a súa primeira obra en Xerais.
Músico de formación clásica e contador de historias. Debido ao seu crecente interese pola música tradicional galega, comeza a facer arranxos de melodías recollidas de diferentes cancioneiros galego-portugueses ou do contacto directo coa xente do rural en traballos de campo. Paralelamente, realiza composicións musicais con letras propias e de poetas clásicos e contemporáneos galegos. Froito deste traballo foi premiado no IV Festival Galego da Canción, que supuxo a gravación do seu primeiro disco compartido cos demais finalistas. Logo chegarían os traballos discográficos "O son da sega" (1996), "A dança do lume"( 1999), "Som voltas"(2004) e, máis recentemente, o libro-cd baseado en contos de Anxo Moure: "Vicentinho e as árvores da paz" (2010). O libro-cd "A música das árbores" (Xerais, 2015), en coautoría con Anxo Moure, é a súa primeira obra en Xerais.
Chus Láuzara Formouse en debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios de Vigo e realizou diferentes obradoiros de pintura con ilustradores como Rodrigo Chao ou Mónica Vila, ademais de recibir cursos de deseño gráfico e animación. Traballou con Deboura Cultural dando cor no filme "O Pequeno Mago" e ilustrou o poemario "Muller de papel" de Rochi Nóvoa Vázquez. "A música das árbores" (2015) é o primeiro libro ilustrado para Xerais.
«Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía, unha orquestración. Cando a chuvia cae nas follas soa un violín, unha gaita, unha zanfona, cada vez que unha treboada fai danzar os freixos ármase un espectáculo de ballet ».
A música das árbores é un libro-disco que conxuga a narración, a música e a poesía para falarnos da posibilidade dun mundo onde os seus habitantes vivan en harmonía coa natureza e onde os problemas se amañen facendo falar os corazóns.
"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.
EUR 9,48 gastos de envío desde España a Estados Unidos de America
Destinos, gastos y plazos de envíoLibrería: KALAMO BOOKS, Burriana, CS, España
Tapa blanda. Condición: Nuevo. Láuzara, Chus Ilustrador. Nº de ref. del artículo: ANY9788499149172
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: AG Library, Malaga, MA, España
Condición: New. Láuzara, Chus Ilustrador. Idioma/Language: Gallego. «Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía, unha orquestración. Cando a chuvia cae nas follas soa un violín, unha gaita, unha zanfona, cada vez que unha treboada fai danzar os freixos ármase un espectáculo de ballet. » A música das árbores é un libro-disco que conxuga a narración, a música e a poesía para falarnos da posibilidade dun mundo onde os seus habitantes vivan en harmonía coa natureza e onde os problemas se amañen facendo falar os corazóns. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla. Nº de ref. del artículo: 12401387
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: Imosver, PONTECALDELAS, PO, España
Condición: Nuevo. Láuzara, Chus Ilustrador. «Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía, unha orquestración. Cando a chuvia cae nas follas soa un violín, unha gaita, unha zanfona, cada vez que unha treboada fai danzar os freixos ármase un espectáculo de ballet.» A música das árbores é un libro-disco que conxuga a narración, a música e a poesía para falarnos da posibilidade dun mundo onde os seus habitantes vivan en harmonía coa natureza e onde os problemas se amañen facendo falar os corazóns. Nº de ref. del artículo: TOR0005403
Cantidad disponible: 1 disponibles