Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de anos, varios países europeos mergullaron os residuos radioactivos das súas centrais nucleares. Cando a OTAN envía barcos ao lugar, descóbrese algo sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboación. Alba é unha rapaza que se sente intrigada polo misterio e desexa coñecer a verdade. Tras introducirse como polisón no barco, viaxará á zona cunha expedición organizada por un grupo ecoloxista. Iníciase así unha aventura que acabará tendo unha repercusión mundial. As flores radioactivas é unha novela crítica coa destrución da natureza e a manipulación informativa. Un relato que aposta por un mundo máis xusto e en paz.
"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.
Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 - Vigo, 2016) é unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Profesor e escritor, desenvolveu unha ampla obra narrativa, na súa maior parte publicada por Edicións Xerais de Galicia, traducida e recoñecida cos máis importantes premios. Deuse a coñecer en 1989 co libro de contos "A cidade dos desexos" (última edición de 2023), o primeiro na colección Merlín de literatura infantil, da que foi fundador e codirector, ao que seguiron "As flores radioactivas" (1990), novela, Premio Merlín 1989; "Contos por palabras" (1991), relatos, Premio Lazarillo 1990, Lista de Honra do IBBY 1992, seleccionado entre a centena de títulos considerados como os mellores da literatura infantil do século XX; "Rapazas" (1993), relatos; "Trece anos de Branca" (1994), novela, Premio Edebé de literatura xuvenil 1994; "Cartas de inverno" (1995, 2016), novela, Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil; "Amor dos quince anos, Marilyn" (1995), novela; "O centro do labirinto" (1997), novela; "O laboratorio do doutor Nogueira" (1998); "Cos pés no aire" (1999), novela, Premio Raíña Lupa; "Aire negro" (2000), novela, Lista de Honra do IBBY 2002, Lista The White Ravens 2004 e Premio Protagonista Jove 2001; "No corazón do bosque" (2001), novela; "Un tren cargado de misterios" (2001), conto; "Noite de voraces sombras" (2002), novela; "A praia da esperanza" (2003), conto; "O meu nome é Skywalker" (2003), novela, Premio Barco de Vapor; "Tres pasos polo misterio" (2004), relatos; "Fantasmas no corredor" (2005), conto; "Corredores de sombra" (2006), novela, Premio Frei Martín Sarmiento; "O único que queda é o amor" (2007), relatos, Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil, Premio Neira Vilas da AGE, Premio da AELG, Premio Frei Martín Sarmiento; "Lúa do Senegal" (2009), novela, Premio da AELG; "Valados" (2009), conto; "Non hai noite tan longa" (2011), novela, Premio Ánxel Casal 2011, Premio Losada Diéguez 2012 e Premio Irmandade do Libro 2012; "Fantasmas de luz" (2011), novela, Premio da Crítica Galicia 2012; "Desde unha estrela distante" (2013), conto; "A viaxe de Gagarin" (2014), novela, Premio Ánxel Casal 2015, Premio AELG 2015 e Premio da Crítica Galicia 2015; "A neve interminable" (2015), novela, Premio Frei Martín Sarmiento 2016 e "O soño do Merlo Branco" (2016), conto. Reuniu textos memorialísticos no libro "O rastro que deixamos" (2012) e os seus ensaios sobre a lectura en "Un mundo de palabras" (2017). A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas ibéricas e algunhas delas en coreano, árabe, francés, chinés, búlgaro, bretón, italiano e inglés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003); o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), a Letra E da AELG (2009); e en 2011 recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Foi o candidato da OEPLI ao Astrid Lindgren Memorial Award; en 2011 foi escollido pola OEPLI como o candidato español ao Premio Andersen 2012 e en 2015 a AELG propúxoo como candidato ao Premio Nobel de Literatura.
Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958). É unha referencia como autor de banda deseñada, tanto a nivel nacional como internacional. Director Viñetas desde o Atlántico, o salón anual de cómic da cidade da Coruña, publicou numerosas obras dende a década de 1980, todas elas con gran recoñecemento. Como ilustrador, colaborou en libros escritos por X. L. Méndez Ferrín, Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Ramón Caride, Manuel Rivas, Tucho Calvo, Marilar Aleixandre ou Rosa Aneiros. Creador da mascota e do contorno gráfico do «Xabarín Club» da TVG, así como da serie de animación «Os vixilantes do Camiño», da longametraxe de animación «De Profundis», e dos personaxes da serie de animación «Homes de Negro (Men in Black)» para Columbia Pictures.
"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.
Librería: medimops, Berlin, Alemania
Condición: very good. Prado, Miguelanxo Ilustrador. Gut/Very good: Buch bzw. Schutzumschlag mit wenigen Gebrauchsspuren an Einband, Schutzumschlag oder Seiten. / Describes a book or dust jacket that does show some signs of wear on either the binding, dust jacket or pages. Nº de ref. del artículo: M08499143733-V
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: AG Library, Malaga, MA, España
Condición: New. Prado, Miguelanxo Ilustrador. Idioma/Language: Gallego. As flores radioactivas é unha novela crítica coa destrución da natureza e a manipulación informativa. Un relato que aposta por un mundo máis xusto e en paz. Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de anos, varios países europeos mergullaron os residuos radioactivos das súas centrais nucleares. Cando a OTAN envía barcos ao lugar, descóbrese algo sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboación. Alba é unha rapaza que se sente intrigada polo misterio e desexa coñecer a verdade. Tras introducirse como polisón no barco, viaxará á zona cunha expedición organizada por un grupo ecoloxista. Iníciase así unha aventura que acabará tendo unha repercusión mundial. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla. Nº de ref. del artículo: 9308379
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: Biblios, Frankfurt am main, HESSE, Alemania
Condición: New. Prado, Miguelanxo Ilustrador. Nº de ref. del artículo: 18375815174
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: Majestic Books, Hounslow, Reino Unido
Condición: New. Prado, Miguelanxo Ilustrador. Nº de ref. del artículo: 370262995
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: Antártica, Madrid, M, España
Rustica (tapa blanda). Condición: New. Estado de la sobrecubierta: Nuevo. Prado, Miguelanxo Ilustrador. 03. LIBRO. Nº de ref. del artículo: 418668
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: Revaluation Books, Exeter, Reino Unido
Board book. Condición: Brand New. Prado, Miguelanxo Ilustrador. 192 pages. Spanish language. 7.56x5.35x0.55 inches. In Stock. Nº de ref. del artículo: zk8499143733
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: Books Puddle, New York, NY, Estados Unidos de America
Condición: New. Prado, Miguelanxo Ilustrador. Nº de ref. del artículo: 26375815180
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: KALAMO BOOKS, Burriana, CS, España
Tapa blanda. Condición: Nuevo. Prado, Miguelanxo Ilustrador. Nº de ref. del artículo: ANY9788499143736
Cantidad disponible: 1 disponibles
Librería: Libros Tobal, Ajalvir, M, España
Condición: Nuevo. Prado, Miguelanxo Ilustrador. MERLíN | Encuadernación: Tapa blanda o bolsillo | Páginas: 120 | Dimensiones: 135 x 190 | País: ESPAÑA | Sinopsis: Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de anos, varios países europeos mergullaron os residuos radioactivos das súas centrais nucleares. Cando a OTAN envía barcos ao lugar, descóbrese algo sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboación. Alba é unha rapaza que se sente intrigada polo misterio e desexa coñecer a verdade. Tras introducirse como polisón no barco, viaxará á zona cunha expedi. - INFANTIL: DE 10 A 12 AÑOS. Nº de ref. del artículo: 9788499143736
Cantidad disponible: 8 disponibles
Librería: Imosver, PONTECALDELAS, PO, España
Condición: Nuevo. Prado, Miguelanxo Ilustrador. Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de anos, varios países europeos mergullaron os residuos radioactivos das súas centrais nucleares. Cando a OTAN envía barcos ao lugar, descóbrese algo sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboación. Alba é unha rapaza que se sente intrigada polo misterio e desexa coñecer a verdade. Tras introducirse como polisón no barco, viaxará á zona cunha expedición organizada por un grupo ecoloxista. Iníciase así unha aventura que acabará tendo unha repercusión mundial. As flores radioactivas é unha novela crítica coa destrución da natureza e a manipulación informativa. Un relato que aposta por un mundo máis xusto e en paz. Nº de ref. del artículo: TOR0000041
Cantidad disponible: Más de 20 disponibles