Dicionario visual (Dicionarios - Dicionarios Especializados)

 
9788497823296: Dicionario visual (Dicionarios - Dicionarios Especializados)
Ver todas las copias de esta edición ISBN.
 
 

Un dicionario cheo de imaxes a toda cor que representan escenas da vida cotiá. Organizado en dobres páxinas e a grande formato, preséntase situacións arredor da familia, a casa e o xardín, o salón, o dormitorio, o baño, a cociña, o supermercado, a festa de aniversario, a aula, a visita ao médico, o parque, a granxa, a praia, o zoo, a cidade, o corpo humano, os oficios, os contrarios, as cores, as formas, o alfabeto, os número, as horas e os instrumentos musicais. Cada unha das láminas, reproduce nas dúas marxes debuxos dos obxectos máis representativos que aparecen acompañados de cadanseu nome. O presente "Dicionario visual", editado por Xerais e debuxado por Josep Vicó, mediante a relación entre as imaxes e a súa representación gráfica, posibíltalles aos máis pequenos a aprendizaxe do vocabulario básico. Grazas ao binomio imaxe-palabra, a fixación dos conceptos na mente dos nenos que se atopan nas primeiras fases da aprendizaxe da lectura faise máis doada e pracenteira. A riqueza das situacións que se representan nas escenas -protagonizadas polos membros da familia- fai que o "Dicionario visual"sexa especialmente recomendable para a estimulación da expresión oral dos cativos, xa que dá pé a conversar sobre as accións, o vocabulario, as calidades, etc. O traballo das láminas está pensado para que haxa unha interacción enre as persoas adultas e os nenos e nenas. Entre outras posibilidades didácticas, pódese xogar a atopar os elementos das marxes no contexto da lámina. Hai uns poucos casos nos cales o obxecto, se ben pertence ao campo léxico que se traballa, non aparece na escena. As devanditas palabras levan un asterisco para advertilo. Ademais, a todo isto engádese o incentivo de descubrir un personaxe agochado en todas as láminas a grandes. Con esta vertente lúdica preténdese contribuír a desenvolver a agudeza visual dos pequenos.

"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.

Comprar nuevo Ver libro

Gastos de envío: EUR 6,80
De Reino Unido a Estados Unidos de America

Destinos, gastos y plazos de envío

Añadir al carrito

Los mejores resultados en AbeBooks

1.

Vico, Josep
Publicado por Xerais De Galicia Edicions (2005)
ISBN 10: 849782329X ISBN 13: 9788497823296
Nuevo Tapa dura Cantidad disponible: 1
Librería
Revaluation Books
(Exeter, Reino Unido)
Valoración
[?]

Descripción Xerais De Galicia Edicions, 2005. Hardcover. Condición: Brand New. 1st edition. 47 pages. Gallegan language. 12.25x9.50x0.50 inches. In Stock. Nº de ref. del artículo: zk849782329X

Más información sobre este vendedor | Contactar al vendedor

Comprar nuevo
EUR 43,75
Convertir moneda

Añadir al carrito

Gastos de envío: EUR 6,80
De Reino Unido a Estados Unidos de America
Destinos, gastos y plazos de envío