Binomio de Newton/García (Baía Teatro)

 
9788496526198: Binomio de Newton/García (Baía Teatro)
From the Publisher:

Nesta publicación inclúense dúas obras de Cándido Pazó: Binomio de Newton, gañadora do Premio Max no 2003, e García, que acaba de recibir o Premio María Casares ao Mellor Texto Orixinal. Binomio de Newton, mostra a vida de dous seres inmaduros que foxen do compromiso e se achegan perigosamente ou pasan da idade da madurez. A imposibilidade dos afectos, o hedonismo ou inmobilismo vital son algunhas das cuestións sobre as que reflexionan os protagonistas, sen que falte o humor –tan habitual en Cándido Pazó– na auténtica esgrima de diálogos coa que se define esta obra. Coa historia de García, herdeiro do Reino de Galiza, Cándido Pazó somérxenos nas "emocións e nas claves que levan a unha persoa a afacerse a vivir preso, nun cárcere familiar, laboral, sentimental... e mesmo a definir a aquelas sociedades que atopan conforto na propia derrota". Rodrigo, vasalo e amigo do rei García, introdúcese no castelo no que este está preso para liberalo, aínda que lonxe de conseguir os seus proxectos co que se atopa é cun monarca vencido e resignado ao seu presidio.

"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.

(Ningún ejemplar disponible)

Buscar:



Crear una petición

Si conoce el autor y el título del libro pero no lo encuentra en IberLibro, nosotros podemos buscarlo por usted e informarle por e-mail en cuanto el libro esté disponible en nuestras páginas web.

Crear una petición