Manuel Antonio embarcou en 1926 no Constantino Candeira para navegar a vela os douscentos días de mar preceptivos na procura dun medio de vida. E desembarcou ao ano seguinte, sen traballo pero consagrado como poeta. Esa foi a consecuencia lóxica da súa firme vontade de querer ser escritor, un anhelo que atravesou e anoou a vida e a obra do rianxeiro. O título desta biografía quere ser metáfora dun camiño de risco -a rebeldía- para ir na procura da maior liberdade posible: Manuel Antonio elixe unha opción política minoritaria -o nacionalismo das Irmandades- cando a tradición familiar lle podería reservar un lugar de privilexio nas ringleiras dos poderosos partidos «turnantes». E aspira, perigosamente, a un lector laborioso e esforzado intelectualmente, porque deste xeito poderá ofrecerlle textos onde non falten as dificultades e os procedementos experimentais -léxicos, rítmicos, gráficos e tipográficos- que un escritor ambicioso poida propoñer. Deste xeito, liberado da crítica e do lector tradicional instalado na estética dominante, Manuel Antonio camiña sen reservas polo vieiro experimental e innovador. En liberdade
"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.
Xosé Luís Axeitos (Asados, Rianxo, 1945), catedrático e membro da real Academia Galega, considérase debedor do maxisterio do profesor Pensado, mestre da filoloxía galega a quen debe o seu achegamento ó século XVIII, coeditando as cartas do P. Sobreira e a obra de Cornide, Descripción del Reino de Galicia. No campo da literatura dedica especial atención a Dieste, Luis Seoane e Manuel Antonio, aos que estudou e editou. Axeitos tense preocupado tamén polo mundo da edición en Galicia, tanto dende a perspectiva artística como dende o punto;de vista das artes gráficas e a súa función nas culturas periféricas. É autor da biografía "Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía" (Xerais, 2017).
Manuel Antonio embarcou en 1926 no Constantino Candeira para navegar a vela os douscentos días de mar preceptivos na procura dun medio de vida. E desembarcou ao ano seguinte, sen traballo pero consagrado como poeta. Esa foi a consecuencia lóxica da súa firme vontade de querer ser escritor, un anhelo que atravesou e anoou a vida e a obra do rianxeiro. O título desta biografía quere ser metáfora dun camiño de risco a rebeldía para ir na procura da maior liberdade posible: Manuel Antonio elixe unha opción política minoritaria o nacionalismo das Irmandades cando a tradición familiar lle podería reservar un lugar de privilexio nas ringleiras dos poderosos partidos "turnantes". E aspira, perigosamente, a un lector laborioso e esforzado intelectualmente, porque deste xeito poderá ofrecerlle textos onde non falten as dificultades e os procedementos experimentais léxicos, rítmicos, gráficos e tipográficos que un escritor ambicioso poida propoñer. Deste xeito, liberado da crítica e do lector tradicional instalado na estética dominante, Manuel Antonio camiña sen reservas polo vieiro experimental e innovador.
"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.
Librería: KALAMO BOOKS, Burriana, CS, España
Rústica. Condición: Nuevo. Nº de ref. del artículo: ANY9788491211884
Cantidad disponible: 1 disponibles