Artículos relacionados a José Almoina. Pilar Fidalgo. Exilio, Dominicana-México

José Almoina. Pilar Fidalgo. Exilio, Dominicana-México - Tapa blanda

 
9788483413111: José Almoina. Pilar Fidalgo. Exilio, Dominicana-México
Ver todas las copias de esta edición ISBN.
 
 
A vida e morte do lugués José Almoina veu da man do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. A súa muller, Pilar Fidalgo, a súa sogra Hilaria Carasa Hevia e os seus cinco fillos (o primeiro, José, falecido no exilio en Francia), Pilar, Helena, Leticia e Ulises sufriron esa vida e esa morte no exilio, na persecución e no medo a ser descubertos e asasinados até o tráxico final do asasinato de Almoina na capital mexicana por dous sicarios ás ordes do ditador dominicano Trujillo. Moitos dos homes e mulleres galegos que tiveron que marchar cara da exilio en 1939, sufriron outras ditaduras, outros exilios e a morte, nos países de acollida. A lista sería interminábel. Desde Alberto Fernández Mezquita, exiliado en Venezuela e despois en Cuba polo golpe de Estado a Rómulo Gallegos, pasando por exiliados como Eugenio Granell en Guatemala fuxindo da ditadura trujillista, ou o vilagracián Ramón Varela, fuxindo das ditaduras brasileira e chilena dos anos 70 do século pasado, marchando cara a México. A figura de José Almoina é polémica debido ao seu traballo como secretario do ditador Trujillo en Dominicana, unha das peores ditaduras coñecidas na historia da infamia humana. A historiografía actual dominicana coloca a Almoina como un aberto colaborador da ditadura e un home cobizoso de diñeiro desde o seu autoexilio mexicano) que soubo xogar a dúas bandas para lucrarse, desde México, do sanguinario Trujillo e da súa familia. Esta imaxe é a que dan escritores como Llorens, Bernardo Vega e incluso o propio Galíndez. Este libro tenta demostrar o errado das apreciacións que colocan a Almoina como colaborador da ditadura de Trujillo, partindo de tres testemuños clave para coñecer a José Almoina e a súa personalidade.

"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.

  • EditorialA Nosa Terra
  • Año de publicación2009
  • ISBN 10 8483413116
  • ISBN 13 9788483413111
  • EncuadernaciónTapa blanda
  • Número de edición1
  • Número de páginas156

(Ningún ejemplar disponible)

Buscar:



Crear una petición

Si conoce el autor y el título del libro pero no lo encuentra en IberLibro, nosotros podemos buscarlo por usted e informarle por e-mail en cuanto el libro esté disponible en nuestras páginas web.

Crear una petición

Los mejores resultados en AbeBooks