A loba (Edición Literaria - Narrativa)

 
9788483025796: A loba (Edición Literaria - Narrativa)
Ver todas las copias de esta edición ISBN.
 
 

A loba, merecedora que foi do Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa "Carlos Blanco" de 1999, é unha novela ambientada nos anos corenta que nos leva ó Gostofrío, unha aldea do Barroso portugués, núcleo do espacio imaxinario da narrativa de Bento da Cruz. Alí váisenos revelar a historia terríbel e estremecedora dunha das familias do lugar. Os Pereiras, na súa brutalidade e primitivismo, manteñen un segredo que toda a aldea coñece e que todo o mundosilecia. Debaixo da aparente rutina cotiá que marcan os labores do campo, escódense os sentimentos humanos máis escuros: u odio, a varicia, a luxuria, a crueldade; pero tamén os máis nobres, encarnados, neste caso, por algunhas personaxes femininas do relato.A traxedia de A loba aparece como unha magnífica creación literaria sobre feitos e situacións que foron comúns ás aldeas de Galicia e Portugal e que, por moi incríbel que pareza, aínda seguen a producirse hoxe en día. A loba, narrada cun estilo clásico e harmonioso, que estoupa no realismo descarnado dos diálogos, amósanos a exuberante riqueza léxica de quen domina un patrimonio lingüístico que reborda modas e patróns.

"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.

(Ningún ejemplar disponible)

Buscar:



Crear una petición

Si conoce el autor y el título del libro pero no lo encuentra en IberLibro, nosotros podemos buscarlo por usted e informarle por e-mail en cuanto el libro esté disponible en nuestras páginas web.

Crear una petición